Novas
Sin título

O BNG esíxelle ao Alcalde seguridade para as traballadoras do SAF.

O pasado 29 de xullo de 2025 foi asasinada Teresa de Jesús, empregada do Servizo de Axuda no Fogar mentres desenvolvía o seu traballo en Atios. Un feito excepcional e gravísimo, mais que evidencia da maneira máis cruenta os riscos aos que se expoñen as traballadoras do SAF diariamente, e o que é máis grave, que por parte deste concello non se asegurou a súa integridade física e emocional.

Sin título
Os concelleiros Marcelo Rodríguez e Míriam Martínez no Concello co escrito.
Ler novas
Concentración 30_07_25

O BNG lamenta a morte de Teresa e esíxelle ao alcalde medidas urxentes para protexer as traballadoras do SAF do Porriño.

A forza nacionalista solidarízase coa familia, amizades e compañeiras de Teresa, mais considera que as autoridades competentes deben materializar o apoio dos discursos revisando as condicións de traballo deste colectivo. A precariedade, os salarios baixos e a desprotección das traballadoras do Servizo Axuda no Fogar (SAF) sae á luz con esta traxedia, pero o sector leva anos realizando un servizo fundamental para a cidadanía sen ter garantida a súa integridade.

Ler novas
photo_2_2025-07-10_13-06-37

O BNG do Porriño insiste na urxencia da protección real do río Louro.

A organización de grandes eventos na beira do río Louro choca coa protección que se acordara por unanimidade no Pleno do Porriño, convertelo nun ENIL (Espazo Natural de Interese Local). Tampouco non encaixa coa visión do Louro que se formula no Plan de Actuación Integrado (PAI) do Porriño, que o propio Concello presentou. Este tipo de actuacións ten un difícil encaixe legal e é un atentado ecolóxico ó pulmón da vila do Porriño.

Ler novas
photo_2025-07-10_12-52-21

O PP de Alejandro Lorenzo descoida as políticas sociais.

O BNG evidencia que o goberno do PP do Porriño non lles busca solucións ós problemas graves de acceso á vivenda da xente. Ademais, está a haber un incremento de persoas en situación de indixencia e sen fogar que esixen unha resposta que o concello non está a dar. A propia localización do departamento de Servizos Sociais segue sendo unha cuestión pendente dende a promesa de hai máis dun ano de reubicar o servizo noutras instalacións.

Ler novas

O goberno de Alejandro Lorenzo incumpre a legalidade

O BNG do Porriño denuncia un funcionamento fraudulento e contrario á lei no Concello do Porriño.  Os cargos de confianza desenvolven funcións que non lles son propias ó xestionar expedientes ou contratos, saltando o control que a lexislación impón sobre estes contratados polo alcalde. A isto hai que sumarlle a xestión fraudulenta e ilegal do aparcamento da Avenida de Galicia.

Ler novas