Detéctase un novo vertedoiro ilegal nas Gándaras de Budiño
O BNG denuncia a existencia dun vertedoiro ilegal de rodas nas Gándaras de Budiño e advirte desleixo na política ambiental do PP do Porriño.
O BNG denuncia a existencia dun vertedoiro ilegal de rodas nas Gándaras de Budiño e advirte desleixo na política ambiental do PP do Porriño.
As obras ao redor do Templete de Antonio Palacios foron un auténtico malgasto e manteñen problemas de accesibilidade nun espazo que se podería ter convertido nunha grande zona verde para a vila.
A veciñanza do Porriño propietaria de terreos sitos en faixas secundarias está a recibir notificacións certificadas nas que o concello urxe o tratamento da biomasa do terreo. A ausencia de información, a escasa calidade desta e os prazos reducidos de execución das limpezas para evitar sancións están a producir un profundo malestar e preocupación entre as persoas.
O BNG presentou no pleno deste mes de decembro unha moción para mellorar a seguridade viaria en Budiño
O BNG leva meses advertindo o goberno de Alejandro Lorenzo do incumprimento sistemático da lexislación en materia de residuos e a mala xestión que está a realizar neste ámbito.
O BNG do Porriño incluíra nas emendas ó presuposto da Xunta estas dúas melloras. A forza nacionalista lamenta que estas demandas sigan sen ser consideradas polo goberno de San Caetano, pois o PP acaba de rexeitar a totalidade de emendas formuladas pola oposición.
Verdegaia denunciou o Concello do Porriño ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia por volver colaborar na contaminación con plásticos da contorna do río Louro.
Este colectivo comunicou que renuncia a seguir traballando co goberno de Alejandro Lorenzo.
O BNG do Porriño sitúa esta denuncia en liña coas diferentes iniciativas que esta forza ten levado ó pleno local para tentar corrixir a ausente política ambiental do actual goberno porriñés.
As festas do Cristo no Porriño levantaron moita controversia este ano por diferentes motivos. O BNG valora negativamente o modo de facer política de Alejandro Lorenzo e o seu excesivo desexo de protagonismo.
O Bloque denuncia o abuso nas contratacións menores. Estas carretan cantidades inferiores a 15.000€ e non precisan concurso, converténdose nunha carta branca para favorecer determinados grupos. Esta situación agudízase nos numerosos contratos con determinados promotores de orquestras que copan, cada ano, a programación festiva do Concello do Porriño.
O BNG informa que se gastan 401.763,52€ en acondicionar un sendeiro no Louro que xa existía para uso recreativo, en lugar de investir en espazos onde realmente se precisan melloras na mobilidade de peóns e ciclistas.
Dende a chegada do PP á alcaldía, hai dous anos, o gasto só na orquestra América supuxo 60.000 euros para as arcas públicas. Este é un modelo de cultura limitador, custoso e que produce numerosas incomodidades para a veciñanza do centro da vila.