Ana Miranda estará este sábado no Porriño nun acto organizado polo BNG

O sábado 18 de maio estará no Porriño Ana Miranda, eurodiputada do BNG, para darlle comezo á precampaña das eleccións europeas. O acto público será no Hotel Parque (praza do Cristo) ás 20.30h.

Ana Miranda estará este sábado no Porriño nun acto organizado polo BNG

O próximo sábado 18 de maio ás 20.30h no Hotel Parque (praza do Cristo, no Porriño) o BNG arrinca co primeiro acto de precampaña da zona para as vindeiras eleccións europeas. É un encontro referencial para as comarcas do Condado e Vigo no que participará a representante da forza nacionalista no Parlamento europeo, Ana Miranda.

Acompañarán a eurodeputada tres membros do Bloque Nacionalista Galego do Porriño e de Mos. Participarán Marcelo Rodríguez, concelleiro no Porriño; Sara Samartín, concelleira en Mos, e Gustavo Barcia, portavoz municipal nese mesmo concello.

É incuestionable que as decisións que se toman en Europa determinan drasticamente o noso día a día e as políticas que logo se desenvolverán a nivel estatal, nacional e local. Por iso o BNG chama a cidadanía a que asista a este encontro onde poderá informarse do papel que está a desenvolver o BNG nesta institución, cales son os retos ós que nos enfrontamos e por que é tan importante que Galiza conte cunha representación real en Bruxelas.

 

Ana Miranda estará este sábado no Porriño nun acto organizado polo BNG