Menchu Pereira é a nova responsable local do BNG do Porriño

Coa chegada do novo ano e aproveitando que non hai ningunha cita electoral marcada nun futuro próximo, o Consello Local do BNG do Porriño renovouse. Menchu Pereira Pereira, anterior responsable de Organización, é a nova responsable local.

Menchu Pereira é a nova responsable local do BNG do Porriño

Menchu Pereira Pereira é a nova responsable local do BNG do Porriño. Substitúe a Marcelo Rodríguez, un dos tres membros do grupo nacionalista no goberno local. Con esta renovación búscase que o equipo do BNG no Concello se poida centrar na súa acción política ó tomar as responsabilidades da organización e do traballo do partido outras persoas militantes.

Menchu Pereira leva sendo dende hai moito unha figura orgánica de moita importancia na forza nacionalista no Porriño. Ocupou diferentes responsabilidades, entre as que destaca a da Organización. Agora deu o salto a asumir as funcións de responsable local. “É un reto para min, que asumo con ilusión e moitas ganas. Sei que conto cun equipo moi amplo de persoas co que poderemos seguir impulsando a forza do Bloque no noso concello. A cidadanía sabe perfectamente o que significa o BNG: compromiso, traballo, saber facer, seriedade e integridade. Só temos que seguir traballando do mesmo modo e facerlles chegar a cada vez máis persoas que nós somos a alternativa real para alcanzar O Porriño do futuro que todas e todos desexamos”.

O Consello Local conta con dous novos formantes: Cristian Rodríguez González e David González Domínguez. Ademais, continuarán dentro do consello os tres formantes do grupo municipal do BNG -Pedro Pereira, Miriam Martínez e Marcelo Rodríguez- e Soraya Domínguez Portela. “Formamos un equipo no que se conxuga mocidade e madurez, ilusión e experiencia. Todas e todos sentimos unhas enormes ganas de traballar e facer para que o BNG medre”.

Menchu Pereira é a nova responsable local do BNG do Porriño