O BNG denuncia a non colocación dos taboleiros electorais no Porriño
No arranque da campaña polas eleccións europeas non están colocados os tradicionais taboleiros electorais no Porriño. É a primeira vez que neste concello a administración incumpre as súas funcións para o desenvolvemento normal dun proceso electoral.
O BNG do Porriño denuncia que o Concello dirixido por Alejandro Lorenzo desatende as obrigas democráticas da administración local no proceso electoral. Na madrugada do xoves para o venres deu inicio a campaña polas eleccións europeas e no concello do Porriño os taboleiros non se encontraban colocados nos espazos determinados para este fin pola Xunta Electoral de Zona. A forza nacionalista informa que trasladará esta incidencia, que non tivo lugar noutros concellos do partido xudicial, ante a Xunta Electoral.
Desde o BNG sinalan que este acto atenta contra a saúde da participación política é transloce a ausencia de calidade democrática do alcalde.
Dende o bloque esperan que o Concello do Porriño corrixa o incumprimento e a Xunta Electoral tome as medidas consecuentes con esta falta.