O Concello do Porriño denunciado por infracción ambiental estatal e autonómica na conca do río Louro
Verdegaia denunciou o Concello do Porriño ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia por volver colaborar na contaminación con plásticos da contorna do río Louro.
Este colectivo comunicou que renuncia a seguir traballando co goberno de Alejandro Lorenzo.
O BNG do Porriño sitúa esta denuncia en liña coas diferentes iniciativas que esta forza ten levado ó pleno local para tentar corrixir a ausente política ambiental do actual goberno porriñés.
Unhas Festas do Cristo do Porriño cheas de polémica
As festas do Cristo no Porriño levantaron moita controversia este ano por diferentes motivos. O BNG valora negativamente o modo de facer política de Alejandro Lorenzo e o seu excesivo desexo de protagonismo.
O BNG acusa a Lorenzo de trato de favor con militantes e persoas próximas ao PP
O Bloque denuncia o abuso nas contratacións menores. Estas carretan cantidades inferiores a 15.000€ e non precisan concurso, converténdose nunha carta branca para favorecer determinados grupos. Esta situación agudízase nos numerosos contratos con determinados promotores de orquestras que copan, cada ano, a programación festiva do Concello do Porriño.
O acondicionamento da “ruta do colesterol” recupera a política de asfalto no Porriño
O BNG informa que se gastan 401.763,52€ en acondicionar un sendeiro no Louro que xa existía para uso recreativo, en lugar de investir en espazos onde realmente se precisan melloras na mobilidade de peóns e ciclistas.
O pleno do Porriño aproba reducir a contaminación acústica a iniciativa do BNG
Dende a chegada do PP á alcaldía, hai dous anos, o gasto só na orquestra América supuxo 60.000 euros para as arcas públicas. Este é un modelo de cultura limitador, custoso e que produce numerosas incomodidades para a veciñanza do centro da vila.
O PP négase a demandar un soterramento ambicioso da vía do tren
A maioría do PP impide aprobar a moción do BNG que solicitaba acordar unha posición común do Pleno da Corporación Municipal. A forza nacionalista considera necesario ter unha postura única que se coloque en fronte do proxecto pouco ambicioso presentado por ADIF para o soterramento da vía do tren que atravesa o noso concello.
A ambulancia de reforzo no Porriño non cumpre a normativa sobre transporte sanitario
O BNG marca de populista a Lorenzo pola autocaravana do Concello
O BNG denuncia que o vehículo comprado polo Concello é un novo gasto superfluo inxustificado, por existiren xa instalacións nas parroquias para poder utilizar, e unha mostra máis da xestión populista do PP do Porriño.
O BNG alerta de importantes deficiencias na obra de ampliación do Centro de Saúde
A reforma do Centro de Saúde do Porriño, cun custo final de 5 millóns de euros, presenta deficiencias moi graves tanto en illamento, como en accesibilidade e deseño dos espazos.