bng
Novas
Fonte: Atlántico

O BNG logra por unanimidade reabrir o expediente disciplinario ao  Policía Local que actuou á marxe da legalidade

O Pleno do Porriño á petición do BNG rexeita a actuación do axente Antonio Pereira Nandín que esixiu identificarse a un veciño de orixe saharaui cando el ía vestido de paisano sen autorización para actuar sen uniforme. O pleno toma o acordo de  que o alcalde se desculpe co afectado en representación do concello pola actuación excesiva do axente.

Ao axente da Policía Local do Porriño, denunciado por detención improcedente e abuso de autoridade, váiselle reabrir o expediente disciplinario que se iniciou cando sucederon os feitos e quedara en suspenso ata ter a resolución do auto. A audiencia Provincial Pontevedra desestima os motivos que alegou o axente nº223033 no seu recurso no que acusaba ao rapaz de cometer un delito de resistencia á autoridade do que quedou absolto.

Ler novas