O BNG do Porriño esixe un transporte público adecuado para a parroquia de Torneiros
O BNG do Porriño solicítalle ó goberno do PP que aproveite a apertura do período de alegacións aberto pola Xunta de Galicia para requirir melloras no servizo de transporte público do noso concello. É especialmente urxente fornecer a Torneiros dun transporte urbano consecuente coa poboación da parroquia. A forza nacionalista faise eco dunha solicitude da veciñanza, especialmente para a comunidade educativa do instituto situado nesta parroquia.