Acto público do BNG este sábado en Torneiros
O Bloque Nacionalista Galego do Porriño convida a veciñanza de Torneiros a asistir este sábado a un acto público de inicio de campaña das eleccións municipais, no que falarán das súas propostas de futuro para a vila do Porriño e, máis concretamente, para a parroquia de Torneiros, tanto no relacionado cos polígonos residenciais coma no restos dos barrios da parroquia e o seu tecido asociativo.
No acto participarán o candidato á alcaldía, Pedro Pereira; Javier Soliño, número 7 da candidatura e Ana Bastos, responsable local e número 2 da mesma.
Terá lugar este sábado día 11 de maio ás 20:30h no CEIP Antonio Palacios de Torneiros.