BNG O Porriño
BNG O Porriño
Novas
Río Louro

O PP contrario a declarar o Louro como Espazo Natural de Interese Local (ENIL)

O grupo municipal do BNG do Porriño, no último pleno, volveu solicitar unha medida de protección real para o Louro. Requiriu que o Concello impulse declarar como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) os ecosistemas do Louro ao seu paso polo Porriño.

Esta é a segunda vez que o BNG fai esta solicitude. No mes de maio de 2022, ante a iniciativa presentada polo Bloque, O PP votou a favor e, nese momento, foi aprobada por unanimidade.

Agora que pasou a campaña electoral e tamén que se rebaixou a tensión social xurdida na loita contra o megaproxecto para aparcadoiro de camións en Torneiros, o PP vota en contra.

O BNG denuncia que detrás deste cambio de postura está algo máis ca un desleixo na protección do noso río. Existe a intención de continuar organizando na súa contorna macroeventos opostos a un uso respectuoso co medio. O río e as súas beiras poden e deben ser un espazo para a cidadanía do Porriño, pero as actividades humanas deben ser harmoniosas co coidado do espazo.

Ler novas
Novas
Membros do BNG do Porriño e Mos no paseo do Louro

As candidaturas do BNG do Porriño e Mos deseñan unha estratexia común para recuperar o río Louro

Os cabezas de lista de ambos concellos comprométense a unir os paseos fluviais existentes e prolongar a senda ata Tui.

Pedro Pereira, candidato á alcaldía do Porriño: “A maior ameaza para o Louro, neste momento, é o PP de Alejandro Lorenzo”.

Gustavo Barcia, candidato á alcaldía de Mos: “Queremos ampliar o paseo do Louro, pero sen cubrir de formigón a beira do río”.

Ler novas