A folga do lixo no Porriño é responsabilidade do PP

O BNG quere mostrarlle o seu apoio ó persoal traballador do servizo de recollida do lixo na folga que convocaron para os vindeiros 9, 10, 11 e 12 de xullo. A forza nacionalista xa advertiu hai case 9 meses o goberno do PP de Alejandro Lorenzo desta posible situación.

Traballadoras do lixo do Porriño
Traballadoras de recollida do lixo do Porriño
A folga do lixo no Porriño é responsabilidade do PP

O BNG do Porriño quere mostrar publicamente o seu apoio ó cadro de persoal do servizo de recollida do lixo do Concello do Porriño. Segundo o Bloque, as persoas traballadoras son as vítimas da situación creada pola falta dun convenio colectivo actualizado.

No Concello do Porriño hai un problema con este servizo que xa lle fora advertido dende a forza nacionalista no mes de novembro do ano pasado. SOGAMA incrementou o seu canon, co apoio do PP da Xunta de Galicia. Isto produciu un sobre custo para a empresa que pretende repercutilo nas condicións laborais das traballadoras e traballadores.

O goberno municipal do PP é o responsable desta situación e como tal debe actuar. É o goberno de Alejandro Lorenzo quen ten que buscarlle unha solución a este conflito, o cal era predicible e do que xa o advertíramos como moi probable”, recorda Pedro Pereira, portavoz municipal do BNG do Porriño.

A folga do lixo no Porriño é responsabilidade do PP