pp
Novas
Fonte: Atlántico

O PP do Porriño négase a investigar o incendio en Couceiro

No último pleno, o BNG presentou unha moción para solicitarlle ó concello a apertura dun expediente de investigación ó Grupo Couceiro S.L.U. Éste buscaría coñecer os motivos do último incendio en maio e da reincidencia deste tipo de incidentes nas naves da empresa.

Ler novas
BE-NE-GÁ
photo_2025-04-11_22-22-30

O PP renuncia á protección ambiental do Louro no Porriño

O PP acaba de anunciar un novo dragado e a modificación do río Louro. O BNG advirte que esta dúas actuacións son contrarias á protección que se acordara para o río e a súa contorna. A forza nacionalista solicítalle ó goberno local conservador que cumpra o aprobado no Pleno do Porriño e recoñeza o Louro como espazo protexido E.N.I.L.

photo_2025-04-11_22-22-30
O concelleiro do BNG, Marcelo Rodríguez, na beira do Río Louro

 

Ler novas
Novas

A Plataforma SOS Sanidade Pública viu rexeitado o apoio do goberno do PP porriñés

A través dos grupos da oposición, a plataforma presentou a petición de apoio do pleno do Porriño. Esta foi votada en contra polo PP. Nela demándaselle á Xunta de Galicia máis persoal na atención primaria do Porriño, tanto no centro de saúde como nas urxencias, así como que o Concello fletase un autobús para os cidadáns que queiran acudir o 6 de abril á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago de Compostela

Ler novas
Novas
Facebook Concello do Porriño

O BNG acusa a Lorenzo de trato de favor con militantes e persoas próximas ao PP

O Bloque denuncia o abuso nas contratacións menores. Estas carretan cantidades inferiores a 15.000€ e non precisan concurso, converténdose nunha carta branca para favorecer determinados grupos. Esta situación agudízase nos numerosos contratos con determinados promotores de orquestras que copan, cada ano, a programación festiva do Concello do Porriño.

Ler novas