O PP do Porriño é incapaz de resolver os problemas do lixo do Concello

No último pleno evidenciouse que as diferentes deficiencias do servizo do lixo denunciadas, hai meses, nos diferentes plenos están sen resolver. O goberno de Alejandro Lorenzo non é capaz de pórlles solucións nin de actualizar o funcionamento do servizo de acordo coa vixente lexislación europea.

Camión recollida lixo
Un camión de recollida de lixo no Centro Social e Cultural de Atios. // A. Hernández.
O PP do Porriño é incapaz de resolver os problemas do lixo do Concello

No último pleno, o responsable municipal no tratamento dos residuos, o concelleiro Carlos Martínez, non lle deu reposta a ningunha das deficiencias na xestión dos residuos que presenta o noso concello.

O BNG recordoulle ó equipo de goberno que ten a obriga do seguimento do cumprimento do contrato coa empresa adxudicataria. De maneira que, se hai anomalías no funcionamento do servizo, deben iniciar as accións correspondentes para que se solucionen. O non cumprimento dos requirimentos pode resolverse nun proceso de revogación do servizo.

A falta de adecuación á normativa vixente europea sobre o tratamento dos residuos e as deficiencias deste procedemento son produto dunha falta de compromiso co cumprimento das súas funcións por parte do Concello. Ten a responsabilidade de asumir que este é un servizo deficitario e debe pór as medidas necesarias para solucionalo.

“Estamos ante un novo caso en que Alejandro Lorenzo e o seu equipo non aborda un problema de xestión por ser incómodo e ir en contra do seu modo de funcionar populista. Sacrifícase o bo funcionamento dos servizos do concello por unha necesidade de quedar ben e de busca de popularidade. Debemos recordarlle ó PP que están nas administracións para gobernar”.

O PP do Porriño é incapaz de resolver os problemas do lixo do Concello