Novas
O BNG pide unidade para defender o futuro do Porriño ante ADIF
18/xan./2026
A defensa dun proxecto ambicioso de soterramento da vía do tren para O Porriño debe contar cunha posición conxunta libre de intereses partidistas. Dende a forza nacionalista, consideran o paro na execución do proxecto actual unha oportunidade para impulsar con esta obra o desenvolvemento urbanístico que a vila merece.