Acto aberto e festival da mocidade no Porriño

Acto aberto e festival da mocidade no Porriño

cartaz_festival_apaisado

Este sábado 16 de maio, o BNG-Asambleas Abertas organiza un festival destinado á mocidade no Porriño. Pola mañá haberá un acto aberto, onde participará o candidato á Alcaldía, Pedro Pereira. A charla-coloquio xirará en torno a parte central do programa para as eleccións do 24 de maio "Un concello para vivir".

Pola tarde, teremos un rastrexo urbano e despois contaremos coa actuación de artistas e grupos musicais:

YAGO FERNANDEZ: é un artista polivalente do Porriño que desde a súa infancia vén incubando o gusto pola arte, desenvolvendo un estilo moi persoal, tanto na súa pintura como no resto da súa actividade artística.

burguesia-yago-puentes-fernandez-4729-20140723050107

KEDRO: Palabras disparadas en forma de rap. Rimas áxiles e claras nos beizos dun dos referentes claves da cultura Hip-Hop no Porriño.

https://youtu.be/snnjTkAc6wA

MIGUEL ALONSO: Cantautor ferrolán cun repertorio maioritariamente en galego. O eclecticismo é predominante na súa música, alternando ritmos pop e rock con músicas propias de cantautor, country e folk.

https://youtu.be/exHuj4ShR-A

FORTUITOS: Dende As Neves, melodías pegadizas e ben tiradas, ritmos que fan mover o corpo e letras que nos fan pensar, un dos grupos referencia do sur de Galiza.

https://youtu.be/kTv1tybBLCc

PANGHEA: Con apenas un ano de vida, os rapaces de Vigo, Vilaverde e O Porriño, présentanse no panorama musical galego cun rock directo e un berro de clara protesta social.

https://youtu.be/9-daLcy825I

SKALINGRADO: Skalingrado é unha banda ourensá formada por 9 membros que ofrece ao público unha mestura de Jazz, Reggae, Rock e por suposto Ska.

https://youtu.be/SUIDZboTVsU

Acto aberto e festival da mocidade no Porriño