O BNG inicia unha nova rolda de reunións cos colectivos sociais das parroquias do Porriño
Este xoves ás 20:30 o BNG reúnese, no centro cultural da Forna, coa veciñanza da parroquia de Budiño e os representantes das asociacións veciñais, culturais, de augas e deportivas.
O Consello local do BNG do Porriño acordou iniciar unha rolda de actos nas distintas parroquias do Concello do Porriño coa finalidade de escoitar ao tecido asociativo das parroquias que desenvolve a súa actividade nos sectores da cultura, traídas de auga, deporte, Montes e de servizos veciñais en xeral.
Consideramos dende o BNG que o goberno actual está desatendendo e non está valorando na súa xusta medida a labor que desenrolan as distintas directivas dos colectivos veciñais. Non é suficiente no eido cultural e deportivo contar cunha partida orzamentaria, nos presupostos prorrogados do 2012, para asinar os distintos convenios culturais ou deportivos, senón que estes convenios deben asinarse no primeiro trimestre do ano e non no terceiro ou cuarto como acontece nos últimos anos. Tamén neste eido debe o goberno debe adecuar as partidas orzamentarias a realidade actual de cada entidade e non actuar en función da demanda individual sen aplicar criterios de equidade no reparto dos fondos públicos.
Consideramos que o traballo realizado ao longo dos anos polas distintas directivas das traídas de augas formadas nas parroquias, con maior ou menor número de usuarios, debe ser recoñecido dende a propia administración local. Neste sentido é preciso que se inicie un programa de colaboración entre o concello e as directivas das traídas de auga. O goberno municipal debe colaborar economicamente, dotando unha partida orzamentaria nos orzamentos municipais, para que o auga dos mananciais parroquiais chegue as vivendas en condicións sanitarias óptimas así como para axudar no mantemento das distintas redes de distribución alí onde o concello non pode chegar coa rede de auga municipal.
É preciso que o concello inicie unha nova planificación do territorio, o Plan de Ordenación Municipal actual é do 2003 vai sendo hora de que o Porriño teña un novo PXOM que atenda a realidade actual. Queremos explicarlle aos veciños e veciñas cales son as liñas xerais que entende o BNG se deben aplicar a un novo ordenamento territorial.
No que atinxe aos Montes Veciñais en Man Común xestionados polas Comunidades de Montes, o Goberno municipal debe mudar de actitude, deixar a confrontación e iniciar o camiño do dialogo e recoñecer que os montes veciñais son dos veciños de cada parroquia. Non debemos esquecer que no caso do Porriño todas as comunidades non só desenrolan unha actividade de xestión do monte dende o punto de vista económico, tamén fan unha importante labor social no ámbito das súas parroquias.
Para tratar dos temas, aos que facemos referencia máis arriba é polo que iniciamos esta rolda de actos nas parroquias. Este Xoves comezamos estas reunións na parroquia de Budiño. O mesmo será ás 20:30 no centro cultural da Forna.