Continuamos a rolda de xuntanzas coa veciñanza este venres en Cans
Seguindo coa rolda de xuntanzas coa veciñanza e colectivos parroquiais, esta semana estaremos na parroquia de Cans para recoller peticións e tamén ofrecer información sobre as iniciativas levadas a cabo no ámbito municipal polo BNG.
A xuntanza será este venres, 27 de abril, no local da AVV O Castelo de Cans, ás 20:00h. Nela abordaranse diferentes temas de interese para a parroquia, como son os orzamentos municipais e as emendas presentadas polo BNG que atinxen directamente a Cans.
Dende o BNG convidamos a toda a veciñanza e colectivos parroquiais de Cans a participar.