Pablo Novo, candidato á Entidade Local Menor de Chenlo
O programa de goberno do BNG para Chenlo busca xestionar mellor o monte veciñal para obter máis recursos e investilos nos servizos públicos prestados pola Entidade.
Defendemos unha política de montes multifuncional, fonte de obtención de recursos sostibles que aporte un retorno que beneficie ao conxunto da veciñanza.
Isto non se pode facer repetindo fórmulas fracasadas. O noso candidato Pablo Novo González é unha persoa comprometida, con capacidade e enerxía, que confía nas nosas potencialidades para transformar Chenlo en positivo.