ENCONTRO FEMINISTA
Organizarnos para transformar o mundo
Este venres 4 de febreiro a organización feminista Marcha Mundial das Mulleres organiza un encontro aberto para intercambiar valoracións e propostas entre as veciñas do Porriño arredor da cuestión feminista e pór as primeiras pedras para unha asemblea deste colectivo na nosa localidade.
Será ás 20:30 no auditorio do Centro Cultural de Atios (https://goo.gl/maps/qasDTWJJSaRa2gLU7) e está aberto á participación de calquera compañeira interesada en coñecer a organización e realizar actividade feminista no noso concello.
Desde o BNG, como organización feminista que ve na participación social un motor de cambio, queremos animarvos a asistir e colaborar na difusión deste necesario encontro.