Cultura de tuna para fomentar o amor romántico

Iniciativa desenvolvida con motivo do pasado 25N
Iniciativa desenvolvida con motivo do pasado 25N pola Concellería de Cultura liderada por Cami Moreira
Cultura de tuna para fomentar o amor romántico

A Concellaría de Cultura vén de facer unha apoloxía ao amor romántico coa celebración do Día de San Valentín a través do espectáculo de Pasarrúas da Tuna. Este xeito de representar o amor establece crenzas e imaxes idealizadas que dificultan establecer relacións de parella sas e perpetúan unha idea de relación baseada na desigualdade entre muller e home que nas máis das veces remata en violencia machista.

A través de espectáculos como o da tuna normalízase dun xeito popular e "divertido" un modelo de relacións afectivas onde o control, os celos e os sacrificios extremos se consolidan. Detrás das letras das tunas ao igual que na das cancións de Kaydy Cain ou que en moitos contos e películas románticas agóchanse abusos e expresións de odio que non se cuestionan e que dificultan que as mulleres poidamos responder de forma temperá aos sinais dunha relación violenta.

Desde o BNG do Porriño, cremos que a Administración non pode impulsar os mitos nos que se sustenta a celebración do Día dos namorados e que é a súa obriga favorecer iniciativas focalizadas en potenciar relacións sas. Esta proposta supón un paso atrás no traballo a prol da igualdade que desde o Concello do Porriño se estivo a facer nos últimos dous anos co BNG no goberno.

 

Cultura de tuna para fomentar o amor romántico