O Concello do Porriño paga 3.500€ mensuais para a campaña de comunicación de Eva García de la Torre
A nosa alcaldesa, a de todas e todos, vén de contratar un servizo de asesoramento de comunicación, é dicir, un “community manager”, un xornalista das redes sociais
Desde o BNG do Porriño, sorpréndenos que estando xa esgotada a lexislatura, Eva García de la Torre, acorde agora que ao Concello lle faga falla quen redacte comunicados de prensa, quen se ocupe das relacións cos medios informativos, das redes sociais,…
E preguntámonos, coma calquera cidadá, como despois de 4 anos, onde a web do concello empezou a funcionar un 10 de xuño do 2017, onde as actualizacións das novas xa son resesas cando se publican, a información é escasa, sobran titulares e faltan contidos,…como de súpeto é tan necesario, case vital, que se contrate a un xornalista por 10.708,50 euros, desde este mes de marzo ata o 31-05-19.
AGORA, que lle quedan “2 whatsapps”, a este goberno, que hai unha morea de facturas sen abonar, que non se executaron os orzamentos, que goberna cunha minoría minorizada, AGORA, a Eva García de la Torre, parécelle prioritario dinamizar, revitalizar, dar outra imaxe do noso concello. AGORA, ante as próximas eleccións, non será que o lavado, centrifugado e posterior planchado de imaxe non é para concello e si para ela como candidata política.