Comunicado do BNG do Porriño sobre a decisión de prescindir de 5 coches do parque móbil municipal
A dirección local do BNG acusa ao goberno do PP de difundir unha información sesgada coa intención de danar a imaxe das nosas concelleiras cun claro interese político. O Bloque está a favor de prescindir dos coches e sempre considerou innecesaria a adquisición de vehículos de alta gama por parte do Concello. Opuxémonos a esta compra, que se produce antes da nosa entrada no goberno, e solicitamos que se revisara o contrato de renting asinado polo Concello.
Pódese consultar nas publicacións de medios de prensa naquela altura:
https://www.farodevigo.es/comarcas/2019/10/19/renovacion-parque-movil-porrino-genera-15512751.html
En coherencia con este posicionamento, Pedro Pereira e Cami Moreira, non fixeron uso destes vehículos e empregaron en todo momento os seus coches particulares cando formaron parte do goberno local. Mentres o BNG estivo no goberno (outubro do 2019 a decembro do 2021) tampouco pasaron gastos de dietas, como se pode comprobar consultando nos departamentos económicos do Concello. Non pode afirmar o mesmo o actual alcalde, quen como concelleiro do goberno de Nelson Santos entre os anos 2010 e 2015, emitiu sempre gastos por estes conceptos con cargo ás contas públicas. Alejandro Lorenzo e o Partido Popular non poden dar lección algunha ao BNG á hora de aforrarlle gastos ao Concello.