O BNG reclamará no Parlamento Galego unhas novas instalacións para o CEIP Fernández López nos orzamentos para o 2020
O Bloque Nacionalista Galego reclamará a través das enmendas nacionalistas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2020, un ano máis, a rehabilitación ou nova construción dun centro educativo para o CEIP Fernández López, cuxas instalacións non cumpren coas necesidades estruturais básicas, nin de capacidade, nin de servizos para o alumnado que un centro educativo precisa na actualidade.
Os nacionalistas levaron xa máis veces esta enmenda aos orzamentos da Xunta, sendo rexeitada sempre polo PP no Parlamento Galego.
Dende o BNG do Porriño tamén queremos dar o noso apoio á iniciativa da ANPA “A Oliveira” do CEIP Fernández López, que neste momento está a recoller sinaturas para presentar na Xunta de Galiza onde solicitan a rehabilitación integral do centro educativo, así como tamén apoiaremos aquelas outras iniciativas que dende a comunidade educativa, representantes de pais/nais,… se poidan facer.
Ao mesmo tempo, dende o BNG do Porriño seguiremos reclamando e loitando por todas aquelas vías que consideremos precisas para conseguir un novo centro educativo no centro urbano do Porriño.