O BNG leva ao Parlamento galego os problemas que sofre a veciñanza da Vaquería pola liña continua da PO-510

46936105_2183411465261035_6847288217654263808_o

O grupo parlamentar nacionalista presenta una proposición non de lei para que se debata no pleno

O BNG leva ao Parlamento galego os problemas que sofre a veciñanza da Vaquería pola liña continua da PO-510

O Bloque Nacionalista Galego toma a iniciativa política e traslada ao Parlamento de Galiza as reiteradas queixas realizadas pola veciñanza do barrio da Vaquería, en Budiño, polos prexuízos e trastornos que lles causa a liña continua pintada na estrada PO-510. Os deputados e deputadas do BNG presentaron o pasado día 24 de xaneiro una pregunta á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, para que se responda tanto por escrito como de xeito oral en comisión. Asemade rexistraron unha proposición non de lei para ser debatida no pleno do Parlamento, coa que esixen por parte da Xunta unha actuación inmediata que resolva os problemas da veciñanza nesta estrada de titularidade autonómica.

A formación nacionalista apoiou dende o inicio a reivindicación das veciñas e veciños. De feito, o portavoz do BNG no concello, Pedro Pereira, participou en varias ocasións nas mobilizacións organizadas polas persoas afectadas para que se atendan as súas peticións. O problema concéntrase entre os puntos quilométricos 2.200 e 2.600. Demandan a construción dunha illa no centro da estrada que permita o xiro seguro para acceder ás vivendas , evitando así ter que dar un rodeo enorme para facer o cambio de sentido. Solicitan tamén que se habiliten pasos peonís por onde os residentes nunha e noutra marxe poidan cruzar o vial de xeito rápido e seguro. Na actualidade teñen que desprazarse case un quilómetro para poder pasar á outra beira da estrada.

Segundo se recolle na iniciativa parlamentar do BNG, a representación veciñal da Vaquería presentou numerosas solicitudes á xefatura do servizo de infraestruturas da Xunta de Galiza, sen que por parte desta administración se procurase unha solución a estas demandas. Aínda que no pasado mes de abril de 2018 a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade anunciou a intención de estudar melloras na zona, dende entón nada se sabe ao respecto.

Son solucións moi sinxelas que non comportan grandes custos e que resolverían os problemas da veciñanza. Por iso non se entende o desleixo do Goberno galego para atender a demanda das persoas afectadas, nin se comprende unha demora tan prolongada na resposta.

O BNG leva ao Parlamento galego os problemas que sofre a veciñanza da Vaquería pola liña continua da PO-510