O BNG informa sobre 'as terras de Lonza'

O BNG informa sobre 'as terras de Lonza'

O concelleiro de urbanismo, Pedro Pereira, estivo en contacto este venres coa veciñanza do Carbón. Tamén coa empresa Lonza, a Xunta de Montes de Atios e a empresa responsábel da canteira.

Pedro Pereira facilitoulles o informe, realizado no mes de setembro pola empresa Aplus, sobre a analítica das terras obxecto de desmonte e traslado, aos veciños e veciñas do Carbón e á Xunta de Montes de Atios. O informe conclúe que nas mostras analizadas non hai presenza de HCH (Lindano).

Ademais disto, o concelleiro, unha vez tendo constancia de denuncias sobre este tema no rexistro do Concello, deu as ordes necesarias para a apertura do correspondente expediente informativo, e deuse traslado das denuncias á Consellaría de Industria, responsábel do proxecto de restauración da canteira. Mediante os oficios correspondentes, solicitóuselle tanto á empresa Lonza como ao titular da canteira os certificados das analíticas da terra como a súa trazabilidade.

Tamén se concertou unha reunión no Concello entre a empresa Lonza, a veciñanza do Carbón, a empresa titular da canteira e o concelleiro de urbanismo.

Pedro Pereira informou tamén a EU Son dos pasos dados, polo que non se entende a actitude alarmista deste grupo nun tema tan sensíbel que, coma noutros asuntos, roza a irresponsabilidade e traspasa o límite do tempero.

O BNG informa sobre 'as terras de Lonza'