O BNG convida á veciñanza do Porriño ao seu acto central de campaña este mércores
Contarán coa presenza da deputada Montse Prado
Compartirán coa veciñanza as principais propostas de futuro que inclúen no seu programa electoral
O BNG do Porriño celebrará este mércores o acto central da campaña para as eleccións municipais. Será un acto público, ás 20:00 horas, no Parque do Cristo, no que participarán o candidato á alcaldía do Porriño, Pedro Pereira e a deputada do Parlamento Galego, Montse Prado. Intervirán tamén Aurora Rivas, Elia Lago, Mónica Bugarín, César Lourido, Duli Diniz, Cami Moreira e Ana Bastos, integrantes da candidatura da formación nacionalista.
Neste acto darán conta das propostas máis salientables e importantes do seu programa electoral, froito do traballo desenvolvido, das reunións mantidas coa veciñanza, asociacións, comunidades e axentes sociais co fin de escoitar as súas preocupacións e propostas, dando lugar a un proxecto baseado nas necesidades reais das veciñas e veciños do concello.