O Bloque Nacionalista Galego presenta un programa electoral para a transformación en positivo do Porriño
Inclúe 186 propostas específicas para dar solución á maioría das necesidades e demandas do pobo do Porriño
Este programa é produto do coñecemento que ten o BNG das necesidades do noso concello e tamén é un programa participativo, xa que recolle moitas propostas que son resultado das reunións mantidas cos diferentes colectivos veciñais e sociais. Encontros que o BNG levou a cabo nos últimos meses para a elaboración das emendas presentadas aos orzamentos municipais. “Moitas destas iniciativas están recollidas no noso programa porque o actual goberno non as levou adiante.”
Como novidade o BNG presenta unha versión de lectura fácil para persoas con dificultade de comprensión lectora, que foi supervisado pola Asociación ACEESCA. Tamén realizarán unha versión en braille.
Inclúe un total de 186 propostas que xiran en torno a sete eixos fundamentais:
- Un concello para vivir e traballar
- Democracia participación e transparencia
- Concellos galegos e concellos en galego
- Concellos para o benestar e unha vida digna
- Concellos pola igualdade e contra o patriarcado
- Servizos públicos e de calidade
- Concellos ben xestionados
Con este programa e a súa candidatura, o Bloque Nacionalista Galego é a garantía para acabar coa parálise dos últimos anos e seguir avanzando na transformación do Porriño. “Temos as ideas claras, temos proxecto político, temos un amplo coñecemento da realidade do Porriño e experiencia para que estas propostas sexan unha realidade.”