Aprobada por unanimidade a moción do BNG relativa ao transporte escolar
Na liña que defende o BNG de favorecer e impulsar o transporte público, vén de aprobarse por unanimidade unha moción do BNG no Pleno do luns 30 de outubro do Concello do Porriño relativa ao transporte escolar.
Así, na liña 1 do transporte escolar do IES Pino Manso non hai prazas suficientes para alumnado usuario non-preferente, que é aquel que cursa estudos de Bacharelato ou Ciclos formativos. Na moción solicítase instar desde o Concello do Porriño á Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e á Dirección Xeral de Mobilidade da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade a que, en prazo curto de tempo, solicite da empresa concesionaria do transporte escolar en Galiza o incremento das prazas nas liñas, que non dan cobertura ao alumnado dos IES do Porriño.