Acto público do BNG este luns en Pontellas
O Bloque Nacionalista Galego do Porriño convida a veciñanza de Pontellas a asistir este luns día 13 a un acto público polas eleccións municipais, no que falarán das súas propostas de futuro para a vila do Porriño en xeral e a parroquia de Pontellas en particular, tanto no que respecta aos diferentes barrios da mesma como ao seu tecido asociativo.
No acto participarán o candidato á alcaldía, Pedro Pereira xunto con Carlos Alonso e Verónica Salgueiriño, veciños da parroquia.
Terá lugar este luns día 13 de maio ás 20:30h no Centro Cultural.