Imprimir

O Concello do Porriño paga 3.500€ mensuais para a campaña de comunicación de Eva García de la Torre

bngoporrinho | 21 de marzo de 2019

A nosa alcaldesa, a de todas e todos, vén de contratar un servizo de asesoramento de comunicación, é dicir, un “community manager”, un xornalista das redes sociais

Desde o BNG do Porriño, sorpréndenos que estando xa esgotada a lexislatura, Eva García de la Torre, acorde agora que ao Concello lle faga falla quen redacte comunicados de prensa, quen se ocupe das relacións cos medios informativos, das redes sociais,…

E preguntámonos, coma calquera cidadá, como despois de 4 anos, onde a web do concello empezou a funcionar un 10 de xuño do 2017, onde as actualizacións das novas xa son resesas cando se publican, a información é escasa, sobran titulares e faltan contidos,…como de súpeto é tan necesario, case vital, que se contrate a  un xornalista por 10.708,50 euros, desde  este mes de marzo ata o 31-05-19.

AGORA, que lle quedan “2 whatsapps”, a este goberno, que hai unha morea de facturas sen abonar, que non se executaron os orzamentos, que goberna cunha minoría minorizada, AGORA, a Eva García de la Torre, parécelle prioritario dinamizar, revitalizar, dar outra imaxe do noso concello. AGORA, ante as próximas eleccións, non será que o lavado, centrifugado e posterior planchado de imaxe non é para concello e si para ela como candidata política.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/concello-do-porrino-paga-3500E-mensuais-campana-comunicacion-eva-garcia-torre/20190321233839001279.html


© 2019 BNG do Porriño

BNG do Porriño

Rúa Ramón González nº14 - Local A
O Porriño