O BNG organiza dous actos públicos esta fin de semana, en Budiño e Atios

O sábado estarán en Budiño e o domingo en Atios

O BNG organiza dous actos públicos esta fin de semana, en Budiño e Atios

Esta fin de semana continuamos cos nosos actos públicos polas distintas parroquias do concello.


O sábado estaremos en Budiño, na Asociación Cultural A Forna ás 20:30h. Participarán Marisol Besada e Carlos Saa, veciños da parroquia, xunto con Pedro Pereira, candidato á alcaldía.


O domingo pola mañá, ás 12:30h, estaremos en Atios, no Centro Cultural. Nesta ocasión participarán Menchu Pereira, Mónica Bugarín, veciñas da parroquia; e Pedro Pereira, candidato á alcaldía do Porriño e veciño tamén de Atios.


Como vén sendo habitual nestes actos, presentaremos á veciñanza das diferentes parroquias as nosas principais propostas de futuro para as mesmas e para o conxunto da vila do Porriño.