Novas
O PP no Porriño négase a solicitarlle á Xunta máis persoal médico
03/feb./2026
O Centro de saúde do Porriño viviu varias xornadas sen persoal médico polas tardes. Esta situación provocou que a oposición, en bloque, lle solicitase ó goberno local a necesidade de esixirlle á Xunta de Galicia máis persoal médico. O goberno de Alejandro Lorenzo bloqueou calquera posibilidade de esixirlle á Xunta de Galicia máis recursos.