Novas
O BNG lembra ao goberno de Lorenzo que O Porriño segue sen orzamento do 2025
30/maio/2025
O BNG cualifica como pésima a política económica do PP de Alejandro Lorenzo, por ser un malgasto continuo e facer aumentar o endebedamento do Concello. Ademais, recordan que o goberno local, cunha ampla maioría, aínda non presentou o orzamento do ano 2025. Segundo a forza nacionalista, isto demostra que o PP non ten un proxecto de goberno e improvisa accións.