Entrevista a Pablo Novo, vogal do BNG na Entidade Local Menor de Chenlo

Entrevista a Pablo Novo, vogal do BNG na Entidade Local Menor de Chenlo

P1110929

Achegámonos ao fin do ano 2013. Que valoración fas da xestión de Manuel Alejandro Alonso ao frente da entidade? Alejandro non rinde contas. Pensa que non ten que dar explicacións, que a entidade é a súa casa particular. Non se presentan os presupostos en tempo e forma, aparecen pagos de facturas de festas sen xustificar, póñense impedimentos para que podamos consultar documentación. Alejandro pensa que a entidade é a súa casa particular. Non soporta ter oposición. Imaxinade como actuaría de non ter o BNG un representante na entidade. Reproduce en Chenlo as formas de actuar que tantos problemas están a causar ao PP no Concello do Porriño, e que levou a fiscalía a iniciar un procedemento xudicial contra o goberno.

A xunta veciñal é o máximo órgano de representación da Entidade Local Menor de Chenlo. Como se están a desenvolver os seus plenos? Nos plenos non se contestan as nosas preguntas. O alcalde pedáneo e os vogais do PP dan a calada por resposta. Esta actitude é unha falta de respecto non só ás persoas que depositaron democraticamente a súa confianza no Bloque, senón ao conxunto da veciñanza de Chenlo. Os acordos tomados na xunta veciñal tampouco se respetan. Un exemplo do que falo foi nosa iniciativa de abrir o servizo de rexistro da entidade cada quince días, para que os veciños e veciñas poidamos presentar os nosos escritos sen ter que desprazarnos ao Porriño. O PP votou no seu día a favor e despois non fixo nada para aplicar o compromiso acordado.

Despois da tan anunciada reforma. Está a ter actividade a Casa Rectoral? Alejandro cóntalle a xente de Chenlo que houbo unha compra. Isto non é certo. O convenio asinado polo ovispado, a deputación e a entidade contempla unha cesión do uso deste edificio. En ningún momento se fala de compra. Desde o BNG entendemos que non se deben gastar cartos públicos para reformar un inmoble titularidade da igrexa, que non é propiedade dos veciños e veciñas de Chenlo. No tocante á xestión do edificio, non existe planificación. Alejandro manda e ordena según lle convén, en lugar de diseñar un plan de actividades acorde coas necesidades da parroquia

A pervivencia das entidades locais menores é cuestionada polos goberno de Mariano Rajoy. Cal é a postura ao respecto do BNG? O BNG defende as Entidades Locais Menores porque son as institucións máis próximas á cidadanía, as que mellor poden coñecer os problemas e necesidades dos veciños e veciñas. As parroquias deberían dotarse de entidade xurídica propia, e isto non ten que supoñer máis gasto público. Se queren aforrar, por que o PP non suprime as deputacións? Os problemas da entidade de Chenlo chámanse Alejandro Alonso e Partido Popular. A súa xestión limítase a esperar polas subvencións, sen buscar financiar a entidade cos seus recursos propios. Non están a poñer en valor as potencialidades do noso monte, que son moitas e variadas. Agardamos que algún día, a Entidade Local Menor de Chenlo cumpra o papel de servizo á parroquia que lle corresponde.

Entrevista a Pablo Novo, vogal do BNG na Entidade Local Menor de Chenlo