Charla informativa do BNG en Chenlo
O BNG organiza o sábado 15 de marzo ás 20h un acto público aberto á cidadanía na Escola Unitaria de Chenlo. Nesta charla informativa trataremos diversos temas de interese xeral que afectan ao vecindario da parroquia, como son a lei de augas, a reforma da lei de réxime local que pon en perigo a pervivencia da entidade menor ou a suba das tarifas eléctricas. Intervirán o noso portavoz municipal no Porriño, Pedro Pereira, e o vogal do BNG na Entidade Local Menor de Chenlo, Pablo Novo.
Queremos informar sobre asuntos de actualidade e recoller as opinións da veciñanza de Chenlo. Desde o Bloque estamos a manter unha rolda de reunións coas asociacións veciñais, culturais e xuntas de montes das distintas parroquias do Porriño para recoller as inquedanzas e necesidades do tecido asociativo local e dar a coñecer de primeira man o noso traballo político.