O BNG solicita que se arranxe a estrada que une San Diego e Madorras en Mosende
O tramo da estrada que comunica os lugares de San Diego e Madorras, na parroquia de Mosende, atópase en moi mal estado e coas intensas chuvias producidas nos últimos días convertiuse nun auténtico perigo para a seguridade dos vehículos e viandantes que o transitan.
O Concello ten que dar solución ao problema repoñendo o firme da calzada e rematando unha obra iniciada hai meses. O Bloque recibiu queixas de veciños e veciñas que pasan a diario pola zona e comprobou o mal estado dun vial que vertebra a comunicación por estrada da parroquia con outros lugares do municipio.