O BNG reclama inversións nas parroquias
Levamos dous anos cos presupostos prorrogados. Esiximos ao goberno do PP que presente unha proposta orzamentaria para o exercicio 2015 na que se contemplen incrementos en áreas como benestar social, cultura ou emprego, así como incluír nas contas municipais un plan de inversións nas parroquias. No pleno extraordinario que se celebra este mércores (7 de xaneiro ás 12h) a instancias do noso grupo municipal solicitamos do goberno local a redacción dos seguintes proxectos de investimentos para a súa incorporación ao capítulo 6 do orzamento municipal do exercicio 2015:
- Instalación de novo pavimento, non abrasivo e apto para a práctica deportiva, na pista deportiva do colexio público CEIP de Atios.
- Reforma da cuberta e dependencias interiores da Escola Unitaria de Atios.
- Reposición con capa de rodadura asfáltica no camiño veciñal de Louriña-Centeans-San Campio.
- Instalación de rede saneamento de augas residuais nos barrios de Carbón e Rial, en Atios, e a correspondente capa de rodadura.
- Mellora de capa de rodadura e sinalización horizontal e vertical nas estradas N-550 (Pontenova -Casilla) e N-120 (intersección Doantes de Sangue Sequeiras).
- Saneamento e capa de rodadura no camiño veciñal Picouzo-Eirís, en Budiño.
- Mellora de capa de rodadura camiño veciñal dende A Becerreira -Subida a Carballa, en Chenlo.
- Ensanche e mellora de capa de rodadura no camiño veciñal dende a igrexa ao barrio de Canadelo (camiño vello), en Chenlo.
- Instalación de saneamento dos barrios de Ladeira-As Cales Parada, na parroquia de Chenlo.
- Reforma da Escola Unitaria de San Salvador en Torneiros.
- Limpeza e asfaltado do camiño veciñal dende a Mota até a subida ao Contrasto, na parroquia de Torneiros.
- Acondicionado e asfaltado do camiño veciñal dende igrexa até o vial de servizo da autoestrada en Torneiros.
- Acondicionado e asfaltado camiño veciñal, dende a igrexa até o barrio da Buraca, en Cans