O BNG esixe respostas sobre o vertido do Louro
O pasado mércores día 27 de agosto, produciuse no tramo do río que vai do albergue de peregrinos/as até a primeira ponte de madeira do paseo, lugar de emprazamento da empresa Frigolouro, un vertido contaminante que deixou ducias de peixes mortos flotando nas augas do Louro ao seu paso polo noso municipio. As información aparecidas nos medios de comunicación falan de bancos de espuma de cor branca e zonas cunha fina capa na superficie de cor azul , como si dun produto derivado do petróleo se tratase
Despois de que axentes do Seprona e persoal técnico da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia se desprazaran ese mesmo día ao lugar para investigar a orixe do vertido e recoller mostras, e pasados máis de cinco días desde que se produciu a contaminación, no BNG entendemos que é tempo de respostas e explicacións públicas. O Concello do Porriño ten que esixir das autoridades competentes, Xunta de Galicia e Confederación Hidrográfica, que se identifique a autoría do vertido para proceder a sancionar a quen sexa responsable, afirmou o portavoz municipal do Bloque, Pedro Pereira.
Respecto ás declaracións nos medios do alcalde Nelson Santos, nas que aseguraba que a empresa Frigolouro está á marxe do vertido, o portavoz do Bloque afirmou que Si a empresa puxo en marcha unha investigación, é porque non ten garantías de que o vertido non proceda das súas propias instalacións. É posible, aínda que ten conexión a rede de sumidoiros do Consorcio, que haxa vertidos ao río polos colectores vellos que se conservan. O alcalde é un temerario ao afirmar que Frigolouro está ao marxe do vertido. Si iso é así o que debe facer é informar de onde procede o vertido e esixir responsabilidades, cousa que aínda non fixeron nin Medio Ambiente nin a Confederación Hidrográfica
Dende o BNG reclamamos que se fagan públicos os informes de investigación tanto da empresa Frigolouro como da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.