Moción en apoio aos traballadores/as de “Maderas Iglesias S.A.”

22859984_1945739349028249_9069284888356428999_o
Moción en apoio aos traballadores/as de “Maderas Iglesias S.A.”

A empresa “Maderas Iglesias S.A. que conta con centros de produción no Porriño e Mos foi unha das maiores produtoras de tarima Flotante do mercado internacional e chegou a contar cun cadro de persoal na comarca de mais de 800 traballadoras/es, sendo a porcentaxe do cadro de persoal do 80% de mulleres. Mais na actualidade o seu cadro de persoal é de 253 traballadoras/es fixos sendo súa maioría emprego feminino.

Nos últimos anos o persoal da compañía tivo que soportar ata dous procesos Concursais,(o primeiro resolto na fase de Preconcurso e o segundo resolto con acordo en setembro-2013). Tamén tiveron que pasar por sete EREs (Expedientes de Regulación de Emprego) suspensivos, dos cales soamente en catro houbo acordo entre traballadores/as e a empresa. A suma dos procesos provoca que, nalgúns casos, certas traballadoras/es xa teñan chegado a máis de 400 días de consumo da súa prestación por desemprego, o que lles repercutirá negativamente se a empresa non sae adiante e son despedidos. E aínda que o comité intercentros sempre pelexou para que o ERE fose o máis equitativo posible e se cumprise coa Lei, os xerentes fixeron oídos xordos ós seus consellos, derivando nunha diferencia abismal na súa aplicación: mentres que hai empregadas e empregados que perden 400 días de traballo, outras persoas non chegan a perder ningún.

Houbo reclamacións ante as autoridades denunciando que non se respectan as condición dos EREs nin o seu calendario pactado, por non ser recoñecidas as vacacións e todos os días festivos; non se recoñecen os meses de 31 días como recoñece a Lei e non se pagan os días efectivos de traballo, mesmo chegando a non recoñecerlle as horas sindicais algúns membros do comité, etc.

Con respecto ao salario, en oito anos a subida salarial total foi do 0,75%. Actualmente aínda se debe parte da paga de Nadal de 2016, a de marzo e a de Xullo do 2017, así como as irregularidades no pagamento das nóminas, que un mes tras outro se ingresan con retraso. Sempre se abonan os salarios a partir do día 15, chegando en algún caso a pagar as nóminas o día 28. Para os que están de baixa e un verdadeiro suplicio, porque sempre o retraso e aínda moito maior. Tendo que escoitar despropósitos do xerente como, “que pagaría cando el o estimase oportuno”. Esta situación de vulneración dos dereitos dos traballadores/as non é BLOQUE NACIONALISTA GALEGO nova, pois xa que nos meses de xuño e xullo do 2015, o persoal xa fixo unha folga de varios días alaternos para reclamar a débeda dos seus salarios.

Até o día de hoxe as traballadoras e traballadores puxeron da súa parte todo o que puideron para a continuidade da empresa, pero a situación neste momento é insostible, temendo o conxunto dos traballadores/as que a empresa está chegando ao fin da súa actividade, polo que se decidiu iniciar unha campaña de mobilizacións.

Ante esta continuidade de vulneración dos dereitos dos traballadores/as, da destrución de emprego, basicamente emprego feminino, e procurando a viabilidade e permanencia da empresa na comarca é polo que o Bloque Nacionalista Galego solicita do pleno da corporación a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.- Mostrar o apoio do pleno da corporación ao traballadores/as da empresa “Maderas Iglesias S.A” que se ven na obriga de iniciar un calendario de mobilizacións para reclamar os seus dereitos laborais e unha xestión mais eficaz na procura da viabilidade e continuidade da empresa na Comarca.

Segundo._ Instar ao goberno municipal a que inicie os contactos necesarios coa dirección da empresa “ Maderas Iglesias S.A” coa finalidade de frear a destrución de emprego, garantir os dereitos laborais e impedir o peche do centro de traballo do Porriño.

Moción en apoio aos traballadores/as de “Maderas Iglesias S.A.”