Emendas do BNG aos Orzamentos do Estado
EMENDAS DO BNG AOS ORZAMENTOS DO ESTADO - 2021
Emenda 1
COMARCA |
|
O Condado |
MINISTERIO |
|
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico |
DENOMINACIÓN DA EMENDA |
|
Recuperación das lagoas das Gándaras |
CONCELLO(S) AFECTADO(S) |
|
O Porriño |
VALOR APROXIMADO |
|
350.000 € |
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
|
|
As Lagoas das Gándaras están dentro do espazo de especial protección dentro de Rede Natura 2000. Na actualidade é preciso unha actuación de eliminación de especies invasoras exóticas, tanto dentro da propia delimitación do espazo de Rede Natura como nos terreos limítrofes de afección. Tamén é necesaria a construción dunha balsa de decantación para eliminar os aportes de áridos arrastrados polas escorrentías procedentes das canteiras de granito próximas, que están provocando a colmatación das lagoas. |
Emenda 2
COMARCA |
|
O Condado |
|
MINISTERIO |
|
Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana |
|
DENOMINACIÓN DA EMENDA |
|
Enlace directo polígonos residencial e industrial de Torneiros coa Autovía A-55 (Accesos e saídas) |
|
CONCELLO(S) AFECTADO(S) |
|
O Porriño |
|
VALOR APROXIMADO |
|
2.250.000 € |
|
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
|
|
Na actualidade existe desde o polígono residencial de Torneiros e a súa zona industrial un acceso directo á AP-9 mediante o enlace do Porriño á Ap-9, mais para acceder á A-55 (O Porriño Tui-Vigo) hai que acceder a través de estradas urbanas coas consecuencias de demora de tempos de acceso a A55 como da alta densidade de tránsito e retencións nas ditas rúas urbanas. |
|
Emenda 3
COMARCA |
|
O Condado |
MINISTERIO |
|
Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana |
DENOMINACIÓN DA EMENDA |
|
Soterramento da liña Monforte de Lemos Vigo ao seu paso polo Porriño e a eliminación do paso a nivel no centro urbano. |
CONCELLO(S) AFECTADO(S) |
|
O Porriño, Mos |
VALOR APROXIMADO |
|
38.000.000 € |
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
|
|
A eliminación do paso a nivel do Porriño é unha demanda histórica da cal ten de sobra coñecemento o Ministerio de Fomento e a propia axencia de infraestruturas ferroviarias_ ADIF. O medre e a conexión urbanística do concello do Porriño cara ao Oeste pasa polo soterramento deste tramo ferroviario no centro urbano do Porriño. Esta obra pode estar ou non condicionada ao proxecto de alta velocidade da saída sur de Vigo cara á conexión con Porto e Lisboa. Na actualidade ADIF conta cun estudo de alternativas para o soterramento entre as cales está a proposta de soterrar baixo taboleiro un tramo de 320 ML. desde a actual estación do Porriño cara ao sur. Mais consideramos que esta proposta non soluciona a necesidade que ten o pobo do Porriño de ampliar a súa trama urbana cara ao Oeste, onde está situada a súa maior zona verde ao carón do río Louro. É preciso que ADIF acometa unha obra de soterramento que contemple a execución dunha plataforma soterrada baixo taboleiro a cota actual das rúas urbanas do Cando e Leandro Diz entre 600 e 700 ml. a contar desde a actual estación dirección Sur. |
Emenda 4
COMARCA |
|
O Condado |
MINISTERIO |
|
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico |
DENOMINACIÓN DA EMENDA |
|
Execución de proxecto de eliminación dos residuos de fabricación de Lindano en Torneiros, O Porriño |
CONCELLO(S) AFECTADO(S) |
|
O Porriño |
VALOR APROXIMADO |
|
2.500 000 € |
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
|
|
Este problema de contaminación detectado na parroquia de Torneiros non é novo. É coñecido que entre finais dos anos 40 e mediados dos 60 do pasado século a empresa Zeltia sintetizou Lindano, un hexaclorociloexano utilizado para a fabricación de insecticidas. Os residuos cristalizados xerados neste proceso de fabricación foron empregados como material para a construción de camiños e estradas, así como en recheos en diversas obras. Cómpre ter en conta que o lindano é un produto altamente tóxico e que os seus efectos son bioacumulativos, isto é, vanse incrementando co paso do tempo, con perigo para a saúde humana e o medio. 3. Xa nos anos 90 se atoparon terras contaminadas no polígono das Gándaras e a veciñanza de Torneiros denunciou cheiros a insecticida nas vivendas. No ano 1999 fíxose unha actuación parcial de descontaminación que consistiu na retirada dunha capa superficial de residuos e o seu traslado á planta de residuos industriais de Somozas. O resto dos residuos localizados foron obxecto dun proceso de impermeabilización e selado. No mesmo ano 1999 realizouse un estudo (Zonas de actuación dentro do marco da investigación de solos contaminados por residuos de lindano no polígono de Torneiros-O Porriño), no que se estudaron e localizaron as zonas contaminadas e outras que potencialmente poderían estar tamén afectadas. 4. Transcorridos 17 anos desde aqueles feitos, o achado de residuos con motivo das obras de saneamento no lugar do Contrasto demostra que se mantén sen resolver un grave problema de contaminación que xera perigo para a saúde humana e para o medio, o que fai imprescindíbel unha actuación do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico para procurar unha solución definitiva. |
Emenda 5
COMARCA |
|
O Condado |
MINISTERIO |
|
Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana |
DENOMINACIÓN DA EMENDA |
|
Liberar peaxe no tramo Vigo- O Porriño-Tui da AP - 9 |
CONCELLO(S) AFECTADO(S) |
|
Vigo, Mos, O Porriño e Tui |
VALOR APROXIMADO |
|
|
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
|
|
Na actualidade o tramo da actual A-55 desde O Porriño a Vigo soporta unha grande densidade de tránsito, tanto lixeiro como pesado. Podemos falar dunha vía colapsada en certos tramos horarios. É imprescindible a construción dunha nova variante alternativa á actual autovía O Porriño – Vigo ao seu paso polo concello de Mos, mais namentres este proxecto non sexa unha realidade é preciso liberar o tramo da autoestrada AP-9 desde Vigo ao Porriño e a Tui. |
Emenda 6
COMARCA |
|
O Condado |
MINISTERIO |
|
Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana |
DENOMINACIÓN DA EMENDA |
|
Instalación de pantallas acústica nas Autovías A-55 e A-52 ao seu paso polo núcleo urbano do Porriño. A-55 entre os puntos quilométricos 14,800 e 16,00 A-52 entre os puntos quilométricos 303 e 305,5 |
CONCELLO(S) AFECTADO(S) |
|
O Porriño |
VALOR APROXIMADO |
|
300.000 € |
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
|
|
Tanto a A-55 como a A-52 soportan un alto grado de tránsito lixeiro e pesado que xeran un alto grado de ruído nas vivendas dos núcleos urbanos que están nas inmediacións destes dous viais de alta capacidade. |
Emenda 7
COMARCA |
|
O Condado |
|
MINISTERIO |
|
Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana |
|
DENOMINACIÓN DA EMENDA |
|
Redacción de proxecto sobre a variante da actual da A-55 O Porriño - Vigo |
|
CONCELLO(S) AFECTADO(S) |
|
O Porriño, Mos, Vigo |
|
VALOR APROXIMADO |
|
800.000 € |
|
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
|
|
O actual tramo entre O Porriño e Vigo da A-55 está máis que saturado e ten unhas características de trazado que converten esta estrada nunha das máis perigosas de Galiza e do Estado e que acumula desde a súa construción un historial de sinistralidade intolerable. |
|