ENIL
Novas
photo_2_2025-07-10_13-06-37

O BNG do Porriño insiste na urxencia da protección real do río Louro.

A organización de grandes eventos na beira do río Louro choca coa protección que se acordara por unanimidade no Pleno do Porriño, convertelo nun ENIL (Espazo Natural de Interese Local). Tampouco non encaixa coa visión do Louro que se formula no Plan de Actuación Integrado (PAI) do Porriño, que o propio Concello presentou. Este tipo de actuacións ten un difícil encaixe legal e é un atentado ecolóxico ó pulmón da vila do Porriño.

Ler novas
Novas
Río Louro

O PP contrario a declarar o Louro como Espazo Natural de Interese Local (ENIL)

O grupo municipal do BNG do Porriño, no último pleno, volveu solicitar unha medida de protección real para o Louro. Requiriu que o Concello impulse declarar como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) os ecosistemas do Louro ao seu paso polo Porriño.

Esta é a segunda vez que o BNG fai esta solicitude. No mes de maio de 2022, ante a iniciativa presentada polo Bloque, O PP votou a favor e, nese momento, foi aprobada por unanimidade.

Agora que pasou a campaña electoral e tamén que se rebaixou a tensión social xurdida na loita contra o megaproxecto para aparcadoiro de camións en Torneiros, o PP vota en contra.

O BNG denuncia que detrás deste cambio de postura está algo máis ca un desleixo na protección do noso río. Existe a intención de continuar organizando na súa contorna macroeventos opostos a un uso respectuoso co medio. O río e as súas beiras poden e deben ser un espazo para a cidadanía do Porriño, pero as actividades humanas deben ser harmoniosas co coidado do espazo.

Ler novas
Novas

Apostar polo Louro conservando o seu valor ecolóxico

O BNG defende protexer as beiras do río coa figura da ENIL, construír fora desta delimitación unhas piscinas públicas ao aire libre respectuosas coa contorna e dar continuidade ao Paseo do Louro ata as Gándaras de Budiño.

Levar coches e eventos ao Louro como pretenden Alejandro Lorenzo e o PP é incompatible coa súa declaración como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Ler novas