8 de marzo
O BNG chama as veciñas do Porriño a secundar a folga do 8 de marzo en reivindicación dos dereitos da muller
02/mar./2018
A través dunha moción presentada para ser debatida no pleno da Corporación, o grupo municipal do BNG, fai un chamamento a todas as veciñas do Porriño para que secunden a folga internacional de reivindicación feminista convocada para o xoves 8 de marzo.