O BNG convoca unha asemblea aberta a veciños e veciñas do Porriño

O BNG convoca unha asemblea aberta a veciños e veciñas do Porriño

asemblea_abertaO BNG do Porriño convoca a veciños e veciñas do municipio a participar nunha asemblea aberta, baixo o lema Construíndo Futuro, o xoves 16 ás 20:30h no edificio dos antigos xulgados do Porriño (rúa Domingo Bueno 13). O acto ten por obxecto realizar unha valoración da situación política do Porriño e de Galiza, así como incorporar ideas para, desde unha perspectiva nacionalista e de esquerdas, artellar unha proposta integradora e participativa cara o proceso das eleccións municipais de 2015. Queremos escoitar propostas e críticas, incorporando tanto ideas como persoas para ampliar a base social da esquerda nacionalista de cara a conformar unha alternativa de goberno ao PP. Faise necesario traballar na búsqueda dunhas institucións municipais máis abertas e democráticas, ao servizo dos veciños e veciñas, onde non haxa lugar para as prácticas clientelares e corruptas hoxe existentes e que son inherentes ás políticas antisociais que practica o PP.

O BNG convoca unha asemblea aberta a veciños e veciñas do Porriño