O PP négase a soterrar a liña de alta tensión de Torneiros

Pedro Pereira e a deputada do BNG no Parlamento, Carme Adán, visitando un tramo da liña de alta tensión en Torneiros
Pedro Pereira e a deputada do BNG no Parlamento, Carme Adán, visitando un tramo da liña de alta tensión en Torneiros
O PP négase a soterrar a liña de alta tensión de Torneiros

Pedro Pereira e a deputada do BNG no Parlamento, Carme Adán, visitando un tramo da liña de alta tensión en Torneiros

O soterramento da liña de alta tensión que cruza Torneiros é unha vella demanda da veciñanza desta parroquia. Un proxecto xa iniciado despois de que Concello, Unión Fenosa e Xunta asinaran un convenio de colaboración no ano 2008, durante o goberno do BNG no Porriño, polo que as tres partes se comprometían a aportar os fondos necesarios para levar a cabo esta obra.

O actual alcalde do Porriño, Nelson Santos, naquela altura portavoz do partido “independente” CxP, votou en contra no pleno, por dúas veces, de que se comprometeran os fondos que debía aportar o Concello para o soterramento das liñas. Santos confirmou o seu desinterese neste proxecto cando entrou a gobernar no Concello e amortizou a inversión contemplada polo BNG para executar o soterramento.

É lamentábel que Santos afirme agora que o soterramento das liñas non se fai porque depende das subvencións doutras administracións cando desde a oposición votou en contra do proxecto por puro interese partidista, e unha vez no goberno, decidiu non executar a obra”, afirma Pedro Pereira. “O que ten que facer o alcalde é comprometerse desde o Concello con este grave problema esixindo ao goberno do PP na Xunta o cumprimento dos seus acordos co Porriño” sinalou o portavoz do Bloque.

O Bloque presentou unha emenda no Parlamento Galego, da man na deputada Carme Adán, para que os orzamentos da Xunta do 2014 contemplaran o soterramento da liña de alta tensión de Torneiros. A emenda presentada polo BNG, que foi rexeitada cos votos en contra do PP, contemplaba unha inversión de 1.750.000 euros para levar a cabo esta obra.