O Pleno do Porriño aprobou a moción do Bloque en defensa do dereito ao aborto

O Pleno do Porriño aprobou a moción do Bloque en defensa do dereito ao aborto

P1120605O Pleno do Porriño aprobou, cos votos a favor dos grupos do BNG e PSOE, e a abstención do PP, a moción presentada polo Bloque contraria a reforma da lei do aborto que está a impulsar o goberno de Mariano Rajoy. Desde o BNG lamentamos a hipocrisía do goberno local, que permitiu coa súa abstención que se aprobara a moción sen votar a favor da mesma. As concelleiras e concelleiros do PP non quixeron entrar a debater a moción nin explicar o sentido do seu voto, limitándose a anunciar a súa abstención. O Bloque quere agradecer publicamente ás persoas que asistiron á sesión plenaria portando lemas en defensa do dereito das mulleres a  abortar, o seu apoio. Só con unha contundente resposta popular fronte este retroceso nos dereitos e liberdades conseguiremos derrubar esta reforma.

O Pleno da Corporación aprobou instar á Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado manter e aplicar a vixente lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Solicitarase da Xunta, que se facilite a atención, dentro no sistema sanitario galego, da demanda existente de P1120602realización de interrupcións voluntarias de embarazo, e que se poña en marcha unha campaña de formación e información sobre métodos anticonceptivos, fundamental para evitar embarazos non desexados e prácticas sexuais de risco. Grazas a aprobación desta moción, o Concello do Porriño porá en marcha, a través da súa área de Igualdade, unha campaña institucional de información e divulgación dos recursos cos que contan as mulleres para interromperen voluntariamente o embarazo, na que se transmitirá o rexeitamento da institución local á modificación da citada lei.