Masiva participación na manifestación polo dereito ao aborto do Porriño

Lectura do manifesto
Lectura do manifesto
Masiva participación na manifestación polo dereito ao aborto do Porriño

A manifestación celebrada o pasado venres contra a modificación da lei do aborto que está a impulsar o PP pasará a historia como unha das mobilizacións máis populosas das que se recordan no Porriño. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto do Porriño, na que participa activamente o BNG, congregou en torno a 1.500 persoas nas rúas do centro urbano baixo o lema Aborto libre e gratuíto. As mulleres decidimos!.

foto_mani

Desde o BNG valoramos moi positivamente o éxito acadado na protesta. Queremos agradecer á cidadanía porriñesa a súa participación, especialmente ás numerosas mulleres, de todas as idades, que quixeron berrar ben alto que non van permitir ningún retroceso nos dereitos e liberdades que tanto lles custou gañar.

Faixa do BNG

 O goberno de Nelson Santos ten que tomar nota da resposta da cidadanía porriñesa a esta innecesaria reforma. Lembramos que o Pleno da Corporación Municipal aprobou o pasado 11 de febreiro, coa abstención do PP, unha moción presentada polo Bloque pola cal o concello se comprometeu a pór en marcha unha campaña institucional rexeitando que se modifique a actual lei do aborto e informando dos recursos cos que contan a día de hoxe as mulleres para interromperen voluntariamente o embarazo.

Lectura do manifesto

O noso grupo municipal ven de esixir mediante escrito presentado no rexistro, que se cumpra o acordo plenario e se poña en marcha canto antes esta campaña. O Bloque seguirá a defender na rúa e no concello o dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo e a súa maternidade.