Eva García de la Torre segue enganando á veciñanza cos orzamentos municipais

O Bloque Nacionalista Galego, considera que  o anuncio da alcaldesa de levar os orzamentos  a aprobación en setembro é un conto mais coma os anunciados nos dous anos anteriores.

Parece que a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, escolle o remate das vacacións para anunciar, igual que fixo no 2015 e 2016, que está a traballar nos orzamentos municipais para propor aos grupos da corporación unha proposta de orzamentos. Por desgracia paro o pobo do Porriño, o grupo de goberno pensa que os orzamentos poden aprobarse sen que se elabore unha proposta. Porque iso é o que fixo o goberno municipal nos dous e medio que leva gobernando.  Nunca presentou unha proposta completa para negociar e conseguir os apoios necesarios para aprobalos. Só se limitou a anuncios e propostas de cara a galería e a ocupar espazos  nos  medios de comunicación.

Nesta liña de falla de xestión económica, sempre tratou a alcaldesa e o seu grupo de goberno culpabilizar aos grupos da oposición da falla dun orzamento. Neste senso preguntase  o portavoz do bng, Pedro Pereira , ¿ Pódese responsabilizar ao bng de non apoiar uns orzamentos  cando a alcaldesa nunca nos presentou unha proposta completa para o seu debate? . Seremos nos responsábeis  ou os integrantes do goberno ?. Como consideramos que non estamos nun mundo ao revés. So hai unha responsábel e esta non é  outra mais que a alcaldesa Eva García de la Torre.

A coalición entre o PSOE e CDDL leva gobernando O Porriño, xa mais de dous anos, cos orzamentos elaborados polo PP no 2012, dando a sensación que este goberno está cómodo con eles xa que non tratou de mudalos. Tratar de culpabilizar ao servizo de intervención e a falla de interventora/o da responsabilidade de non ter un orzamento non ten outro nome que o de tapar a  falla de capacidade na xestión municipal deste goberno.

O Bloque Nacionalista Galego, non quere escoitar mais anuncios. Reclamamos seriedade   e presentación de propostas claras, completas e motivadas tanto de gastos coma de ingresos para poder falar de chegar a acordos. Sempre estivemos e estamos dispostos a chegar a acordos, pero este goberno ten que estar disposto a escoitar tamén as propostas do bng. E a mellor maneira non é que o goberno siga insistindo diante da veciñanza e nas reunión dos colectivos sociais que non hai un orzamento por culpa do bloqueo da oposición. Ese non é o camiño para chegar a acordos e contar cun orzamento que marque as liñas de defensa e xestión pública dos servizos, que teñan un claro contido social tanto en servizos como en inversións.

Eva García de la Torre segue enganando á veciñanza cos orzamentos municipais
Eva García de la Torre segue enganando á veciñanza cos orzamentos municipais