O BNG lamenta que o Concello siga denunciando a preferentistas

O BNG lamenta que o Concello siga denunciando a preferentistas

O BNG solicita que sexa retirada unha nova denuncia presentada pola policía local do Porriño contra o colectivo de persoas vítimas da estafa das preferentes.

Estas persoas están a reclamar pacificamente que se lles devolvan os seus aforros. Os feitos polos que foron denunciadas, increpar e insultar ao alcalde no pleno de setembro, non constan na acta da sesión plenaria”. denunciou Pedro Pereira. “O PP quere amedrentar a estas persoas con multas e sancións para que deixen de reclamar o que é de xustiza” afirmou o portavoz do Bloque.

Persoas afectadas polo roubo das preferentes ás que se lles impediu o acceso ao salón de plenos protestan contra o autoritarismo do alcalde

É a segunda vez que desde o Concello do Porriño se cursa denuncia nos xulgados contra preferentistas por supostos altercados no pleno. Na primeira ocasión, Nelson Santos e @s concelleir@s do PP quereláranse tamén, xunto á policía local, contra as persoas estafadas. Grazas á aprobación dunha iniciativa presentada polo BNG, alcalde e grupo de goberno comprometéronse finalmente a retirar a súa denuncia particular, pero non ordenaron á policía local solicitar o arquivo das dilixencias previas abertas no xulgado como así llo reclamábamos desde o Bloque.

Pedro Pereira quixo lembrar que as responsabilidades sobre a actuación da policía local recaen sobre o alcalde e o seu concelleiro delegado de seguridade, Jose Manuel Jacobo:

No BNG estamos convencidos que a policía municipal obedece ordes concretas do alcalde neste asunto. Nelson Santos mostra dúas caras ben distintas. Por un lado aparenta comprensión coas persoas afectadas e polo outro persígueas con denuncias no xulgado e na Subdelegación do Goberno. O PP ten na súa man rematar con unha inxustiza que está a infrinxir un dobre castigo económico ás vítimas desta estafa financieira”, concluíu o nacionalista.

O BNG lamenta que o Concello siga denunciando a preferentistas