O BNG debaterá en asembleas abertas o seu programa electoral

O BNG debaterá en asembleas abertas o seu programa electoral

asemblea_aberta_bng1

O Bloque iniciará unha rolda de asembleas abertas nas parroquias e no centro urbano do Porriño para debater o programa electoral co que se vai presentar ás eleccións municipais de maio do 2015, nas que concurrirá baixo a denominación BNG - Asembleas Abertas. Queremos contrastar ideas e incorporar persoas e propostas ao noso proxecto. As asembleas comezarán na segunda quincena de xaneiro e prolongaranse até finais do mes de febreiro.

Estamos a traballar nun programa de goberno que pretende ser ambicioso e transformador, e que queremos debater coa base social do nacionalismo, da esquerda e do asociacionismo veciñal. Queremos fomentar a participación política e afrontar debates e críticas que fagan mellorar a nosa proposta política para O Porriño. O Bloque quere liderar o cambio que remate co desgoberno e as irregularidades do PP e que poña o concello ao servizo dos intereses da maioría social.