O BNG chama á cidadanía porriñesa a manifestarse contra a corrupción

O BNG chama á cidadanía porriñesa a manifestarse contra a corrupción

pp=corrupcionO Bloque convoca unha concentración contra a corrupción para o luns día 30 de xuño ás 18h, na Praza do Concello, coincidindo coa celebración do pleno da corporación municipal previsto para este día. Queremos facer un chamamento aberto ao conxunto da cidadanía porriñesa para manifestarnos contra unhas prácticas corruptas que tanto están a danar a imaxe do noso municipio.

O alcalde Nelson Santos, e os concelleiros Jose Manuel Jacobo e Manuel Alejandro Alonso, persoas acusadas de ter cometido, segundo se desprende da investigación xudicial, delitos graves como prevaricación administrativa, tráfico de influencias, malversación de caudais públicos ou fraude ilegal; así como de dirixir unha rede clientelar para aproveitarse politicamente da necesidade de persoas desempregadas, non poden permanecer máis tempo ocupando un cargo público.

Nelson Santos entrando a declarar nos xulgados por suposta prevaricación e trato de favor a empresas amigas

A gravidade das acusacións esixe que se asuman responsabilidades políticas. Santos, Jacobo e Alejandro teñen que presentar a súa dimisión. O PP ten que dar resposta a unha situación que se volveu insostible. O silencio das e dos concelleiros do PP que polo de agora non están implicados na causa, fainos cómplices políticos necesarios desta forma corrupta de xestionar o concello. O Porriño non pode permitirse un goberno que se salta a legalidade para beneficiar a empresas dos seus achegados e vender favores políticos. O vecindario ten que expresar a súa repulsa ante esta situación.